ALCALDÍA

O alcalde agradece o labor dos traballadores xubilados en 2007

19/12/2007 Como cada ano por estas datas de Nadal, o alcalde recibiu aos traballadores do Concello que se xubilan en 2007. Sánchez Bugallo agradeceulles o seu labor durante tantos anos e entregoulles unha placa conmemorativa.

O alcalde resaltou o alto número de traballadores xubilados neste 2007 e tivo unha sentida unha sentida lembranza para Roberto García Galán, falecido, en nome do cal recolleu a placa a súa viúva.

Albino Otero Iglesias (interventor), Carlos Lamela Pena (Deportes), Roberto García Galán (topógrafo, falecido), Enrique Domínguez Antelo (Urbanismo), José Otero Pintos (Portería), Antonio Sánchez López (uxier), Jaime Bendaña Silva (oficial brigada), José Luís García Rieiro (oficial brigada), Amador Santos Bartolomé (director Banda), Rogelio Espiñeira Vázquez (bombeiro), Manuel Fernández Laredo (policía), Alfonso Segade Vilela (policía), Fernando López García (bombeiro), José Manuel Fuentes Boado (bombeiro), Manuel C. Fernández Seoane (Parque Móbil), Eduardo Regueiro Rúa (conserxe), Francisco Iglesias Heras (conserxe) e Carmen Rial Gasamáns (Limpeza) son os traballadores que deixaron o seu posto.

Compartir: