MOBILIDADE

O Concello terá acceso aos rexistros de vehículos e persoas da Xefatura Central de Tráfico

17/12/2007 A Dirección Xeral de Tráfico facilitará ao Concello de Santiago a conexión telemática directa co rexistro de vehículos e persoas. Así se establece nun convenio asinado entre as dúas institucións ao que lle deu o visto bo a Xunta de Goberno.

O convenio ten unha vixencia dun ano, prorrogable de xeito automático polo mesmo prazo. Esta colaboración non xera obrigas económicas.

De igual xeito que os técnicos municipais autorizados poderá acceder ao rexistro, o Concello deberá comunicar á Dirección Xeral de Tráfico as sancións graves e moi graves impostas no prazo máis breve e, en ningún caso, máis alá dos 15 días seguintes á súa firmeza. A comunicación neste caso tamén será telemática.

Compartir: