ALCALDÍA

Recoñecemento municipal ao traballo da Asociación do Traxe Galego

14/12/2007 Os integrantes da Asociación do Traxe Galego foron recibidos polo alcalde, nun acto que serviu para recoñecer o labor desta entidade na defensa do traxe. A súa presidenta, Pilar Domínguez, encabezou a delegación e unha vez máis mostrou todo o seu entusiasmo na defensa desta prenda.

Como cada ano, a Asociación do Traxe Galego convocara o Premio de investigación "Antonio Fraguas", pero nesta ocasión o galardón quedou deserto. O certame premia aos mellores traballos descritivos e analíticos sobre o traxe galego.

A Asociación do Traxe Galego naceu no ano 1994 co obxectivo de fomentar o estudo e a conservación do traxe tradicional galego, así como a súa promoción mediante a organización e desenvolvemento de conferencias, cursos, exposicións ou traballos de investigación.

Compartir: