ALCALDÍA

Os graniteiros premian a aposta de Compostela pola pedra

12/12/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recolleu o premio "Concello de Pedra", outorgado a Compostela pola Asociación Galega de Graniteiros en recoñecemento "á tradición milenaria da cidade no emprego da pedra". O galardón distingue a aqueles municipios que teñen o granito como protagonista nos seus planos urbanísticos.

Sánchez Bugallo recibiu a distinción no transcurso da IV Edición dos Premios Granito Galego, celebrada no Hostal dos Reis Católicos. Alí, os graniteiros galegos recordaron que Santiago "sabe conxugar a construción tradicional galega desenvolvida polos primeiros canteiros ás ordes do Mestre Mateo coas edificacións máis modernas e actuais. O seu desexo é que, ao igual que Compostela é capital administrativa, cultural ou musical, se converta tamén na capital do granito.

Nas anteriores edicións do Premio os galardoados foran os concellos de Mondaríz Balneario, Pontevedra e Vigo.

Compartir: