FESTAS

Compostela, vestida de Nadal

08/12/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o alumeado de Nadal, que permanecerá aceso ata o 7 de xaneiro. Na compañía dalgúns membros da Corporación e partindo da praza do Obradoiro, realizou un percorrido por algunhas das iluminadas rúas da cidade.

O encendido do Belén luminoso e da grande árbore situados diante da Casa do Concello iniciaron simbolicamente o Nadal en Compostela, cando menos en canto ás súas luces. A iluminación estará acesa en horario de 18:00 a 2:00 horas, agás os días 24, 25 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro, que se prolongará ata o mencer.

Aceso o alumeado da praza do Obradoiro, púxose en marcha o teito de led da praza do Toural, onde actuou tamén o Grupo de Metais de Santa Cecilia. A continuación, dende a Porta Faxeira, encendéronse as luces da praza de Galicia, da rúa da Senra, da Alameda e da rúa Juan Carlos I. Finalmente, no cruce de Alfredo Brañas e República del Salvador, iluminouse o Ensanche.

Compartir: