ALCALDÍA

Un centenar de cidadáns acompaña á Corporación Municipal na concentración de repulsa ao terrorismo

06/12/2007 Uns cen cidadáns uníronse á concentración silenciosa convocada pola Corporación Municipal do Concello de Santiago en repulsa polo último atentado perpetrado pola banda terrorista ETA no sur de Francia.

Unha vez coñecido o falecemento do garda civil Fernando Trapero, a praza do Obradoiro foi escenario de cinco minutos de silencio, que serviron para solidarizarse coas familias das vítimas e amosar o rexeitamento ao terrorismo. Tal como acontecer no acto convocado tras a morte do outro garda civil, Raúl Centeno, o silencio pechouse cun longo aplauso.

Diante do Concello compostelán, déronse cita, ademais de membros da Corporación local, algúns deputados autonómicos e cidadáns anónimos que se uniron á concentración.

Compartir: