SERVIZOS

O servizo de baldeo e rego das rúas amplíase a todos os días do ano

03/12/2007 O Goberno municipal acordou unha modificación do contrato de xestión do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, formalizado coa empresa Urbaser o 4 de marzo de 2005. O obxecto deste cambio é a incorporación ao contrato da obriga de xestionar os novos puntos limpos.

Incorpórase o punto limpo fixo construído pola empresa propia concesionaria no Polígono do Tambre, así como o punto limpo realizado pola Consellería de Medio Ambiente en Piñor. Así mesmo, amplíase o servizo de baldeo e rego de rúas e beirarrúas a todos os días do ano.

O importe a satisfacer por todos estes conceptos supón un incremento de 15.376 euros ao mes e de 184.523 euros ao ano. Destas cantidades, 7.145 euros ao mes corresponden á xestión do punto limpo do Polígono do Tambre. Neste importe inclúense custos fixos, persoal e medios mecánicos, e os custos variables, transporte e tratamento.

Pola xestión do punto limpo de Piñor establécese unha cantidade adicional de 6.425 euros ao mes, no que tamén se inclúe os mesmos custos. Finalmente, fíxase en 1.776 euros máis ao mes a ampliación do baldeo e rego de rúas e beirarrúas.

Tamén se recoñece o gasto derivado da xestión do punto do limpo do Polígono do Tambre realizado pola concesionaria dende o mes de xuño de 2007, por importe de 7.174 euros ao mes.

Compartir: