ALCALDÍA

Compostela amosou a súa repulsa ao terrorismo

02/12/2007 Os composteláns quixeron amosar a súa repulsa ao terrorismo tralo atentado acontecido no sur de Francia. Así, a praza do Obradoiro acolleu un sentido minuto de silencio en lembranza de Raul Centeno, o garda civil falecido, e do seu compañeiro ferido de gravidade, Fernando Trapero.

Unhas 100 persoas asistiron á concentración, que tivo lugar ás 13:00 horas diante do Concello. O sentimento de repulsa ao terrorismo quedou patente neste acto, que rematou cun aplauso dedicado aos dous gardas civís e a todas as vítimas do terrorismo..

Acudiron á concentración, ademais do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, membros da Corporación local e diversas autoridades políticas, culturais e académicas.

Compartir: