ALCALDÍA

Homenaxe ao labor en prol da igualdade de 21 mulleres galegas

01/12/2007 O Teatro Principal acolleu a celebración do acto ao acto "21 mulleres galegas, 21 historias cotiás", organizado pola Fundación Iniciativas 21. No mesmo distinguiuse o labor profesional e esforzo persoal dunha serie de mulleres galegas.

A artesá do traxe galego Carmen Regueira Amor; a presidenta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Lugo, Carmen Pena Ledo; a blogueira María Amelia López; a presidenta da Cooperativa de Produtos da Horta Río Anllóns, Sandra Pena Rama; ou a armadora Rolindes Baño foron algunhas das 21 premiadas.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo asistiu a este acto, no que tomaron parte, entre outros, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o ministro de Cultura, Cesar Antonio Molina. Interviu tamén a directora do Padroado da Fundación Iniciativas 21 e concelleira, Mercedes Rosón. O acto estivo presidido polos lazos vermellos, con motivo da celebración do Día Internacional contra a Sida.

Compartir: