ALCALDÍA

O alcalde será o delegado rexio na Ofrenda de Traslación

01/12/2007 Segundo lle comunicou a Casa Real ao alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, el mesmo será o delegado rexio no acto da Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo.

O rei Juan Carlos de Borbón designou ao alcalde compostelán para actuar como delegado rexio na Misa Solemne da Ofrenda Nacional de Traslación dos Restos do Apóstolo Santiago, que terá lugar na Catedral de Santiago. A cerimonia da Traslación celébrase o 30 de decembro de cada ano en recordo do lexendario traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende o porto de Jaffa (Xerusalén) ata as costas galegas, onde foron desembarcados no peirao de Iria Flavia (Padrón).

A de 2007 será a terceira vez que Sánchez Bugallo exerza como delegado rexio nesta Ofrenda de Traslación, tralos actos de 2000 e 2002. A estas hai que engadir as outras dúas veces en que o rexedor compostelán desempeñou esta función na Ofrenda do 25 de xullo. En 2006, o delegado rexio fora o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

Compartir: