VIVENDA

O desenvolvemento do sur da cidade irá acompañado dun novo centro de saúde e dun complexo polideportivo

01/12/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o novo polígono Sup-6 de Santa Marta, onde se están a construír 821 vivendas libres. As primeiras destas vivendas serán en breve entregadas aos seus novos propietarios. Ademais, aproveitou o acto para anunciar que nesta lexislatura a zona sur contará cun novo centro de saúde e cun complexo polideportivo.

Sánchez Bugallo indicou que o Sup-6 supoñía actuar "nunha peza olvidada da cidade" e dar continuidade ao desenvolvemento da zona sur da cidade, complementando á unidade 5 xa en marcha, ao 22 –cuxas primeiras vivendas se entregarán en privamera-, e ao 16, xa habitado. En total, son unhas 2.000 vivendas en Santa Marta entre protexidas e libres.

A urbanización do Sup-6 é afectou a unha superficie de 109.510 metros cadrados, dos que 38.375 se destinan a viario público. Neste sentido, o alcalde destacou amplá rúa de 24 metros de ancho e 900 de longo construída, a modo de boulevard, que máis adiante será ampliada para enlazar co Sunp-22. En canto áos 42.235 metros cadrados de zonas verdes, permiten dar continuidade e ampliar o paruqe de Conxo.

Entre a dotación do poligono destacan o 41.450 metros cadrados de céspede, a instalación de contedores soterrados ou a colocación de 166 unidades de báculos, luminarias e lámparas. O orzamento das obras de urbanización foi de 6.645.687 euros.

A habitabilidade destes novos polígonos irá acompañada dunha importante dotación de servizos. Así, Sánchez Bugallo anunciou que nesta legislatura estaría construído un novo centro de saúde na zona, no ámbito do Sup-6, con capacidade para 20.000 persoas e que dará servizo ao sur da cidade. O convenio coa Consellería de Sanidade prevé que se encargue o proxecto en 2008 e se realicen as obras en 2009. Ademais, esta área contará cun complexo polideportivo, con piscina climatizada incluída, e cunha ampla zona pública para usos deportivos.

O alcalde tamén tivo palabras de agradecemento pola colaboración dos veciños afectados polo desenvolvemento desta parte da cidade e que tiñeron que perder as súas casas. Así, destacou a "singularidade e importancia" deste polígono, por ter saído adiante polo sistema de cooperación.

Compartir: