UMAD

A psicóloga Manuela Mateo-Morales pecha o obradoiro "A sexualidade dos nosos fillos e fillas"

29/11/2007 Ante o interese e a alta participación de pais e nais no obradoiro "A sexualidade dos nosos fillos e fillas. ¿Un tema de familia?", do Programa de pais e nais para a educación, a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) preparou unha conferencia final. Encargarase da mesma Manuela Mateo-Morales Vila, psicóloga e autora do libro "¿Cómo se lo explico? Educación sexual en la infancia".

Como experta no tema falará desde a súa experiencia profesional sobre a educación sexual da xente nova, as preguntas e dúbidas que teñen e o xeito en como os pais e as nais poden falar sobre o temas cos fillos. Están invitados a participar todos os pais e nais que estean interesados na educación sobre a sexualidade dos seus fillos.

A conferencia terá lugar mañá venres, en horario de 18:00 a 20:00 horas, na UMAD, situada na rúa Manuel María, 8, en Salgueiriños (detrás do edificio de Facenda). Cómpre lembrarlles aos pais interesados que disporán dun servizo de atención gratuíto para os seus fillos.

Compartir: