INFRAESTRUTURAS

O Goberno municipal aproba obras viarias por máis de 700.000 euros

26/11/2007 A Xunta de Goberno local aprobou os proxectos de obras da anualidade 2008 previstos para a súa inclusión no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. Trátase de cinco obras, que supoñen un orzamento de 680.889 euros.

A obra que terá un maior custo será a de pavimentación do núcleo de Silvouta e dun acceso ao mesmo, con 181.851 euros, dos que 142.216 serían achegados polo Estado e pola Deputación, e 39.635 polo Concello. A seguinte obra en importancia é a da nova capa de rodadura na rúa do Tambre, con 152.661 euros (119.388 entre Estado e Deputación e 33.273 polo Concello).

As outras tres obras contidas neste plan son: o reforzo do firme na vía pública R-3-V (Mercagalicia-A Gracia), 134.043 euros; o reforzo do firme na vía pública M-54-V (Carballal-Codesedas), 111.562 euros; e o reforzo do firme na vía pública Camiño dos Vilares-rúa do Tambre, 100.770 euros.

Ademais, o Goberno local aprobou o plan complementario do ano 2008, no que se inclúe a obra de reforzo do firme na vía pública M-28-V (Mourentán), cun orzamento de 107.132 euros. Así, pois, incluídas as cinco obras anteriores e esta, o investimento ascende aos 788.021 euros.

Compartir: