DEPORTES

Corenta deportistas de doce modalidades deportivas optan ás Bolsas 2007 da Fundación Compostela Deporte

20/11/2007 Un total de 40 deportistas composteláns de doce modalidades deportivas optan ás Bolsas 2007 que outorga a Fundación Compostela Deporte. O triatleta galego Iván Raña será o padriño dos bolseiros desta terceira edición.

Os nomes dos quince deportistas que leven as bolsas, así como dos adestradores premiados, coñeceranse na Gala que se celebrará o 28 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Os deportistas pertencen a doce modalidades deportivas. Todos optan a unha bolsas cuxa dotación é de 30.000 euros: 1.200 euros para cada un dos quince beneficiarios. Os seus adestradores recibirán cadanseu vale de 600 euros en material deportivo. E o resto de seleccionados levarán cada un outro bono de 120 euros, tamén para a adquisición de material deportivo.

A relación dos seleccionados para optar ás bolsas e as modalidades deportivas que practican son: Diego Barreiro Caneiro, Alberto Chaves Camino, Carlos Manuel Iglesias Carballo, Iván Iglesias Carballo e Jaime Rivas Pereira (atletismo); Pedro Macía Rivas e Adrián Sanín Fandiño (ciclismo); Adriana Costa Fraiz (golf); Andrea Fernández Barreiro, Ana María García Esmorís, Elisa Neiro Pena, Álvaro Pedreira Escribano e Diana Pereira López (iudo); Martín Castelao Vieites, Iago De La Fuente Álvarez, Beatriz De Uña Bóveda, Gonzalo Pampín Espiño e Estefanía Pérez García (natación); Alexandre Antelo Barreiro, Julia Camino González, María Pérez Tojo e Sandra Varela Quiñoy (patinaxe); Vicente De La Cruz Mosquera e Juan Carlos Sánchez Barbero (Special Olympics-ASPAS); Jorge Cebey González, Pablo Paredes Baña e María Uría Álvarez (taekwondo); Fermín Guerrero Rivero, Joaquín Guerrero Rivero, Miguel Fernando Izquierdo Luque, Silvia Piñeiro Rodríguez e Eloy Darío Tabeayo Álvarez (tenis); María Puga Fernández, Antón Ruanova Fernández, Iago Ruanova Fernández, Alberto Trillo Barca e Álvaro Vilela Pájaro (triatlón); Daniel Álvarez Martínez de la Riva e Nicolás Soto Castro (vela); e Daniel Fernández Losada (xadrez).

Compartir: