EDUCACIÓN

Aberto o prazo para a presentación de candidaturas aos Premios Vagalume

20/11/2007 A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presentou a convocatoria da XV edición dos Premios Vagalume, que conta cun orzamento de 3.757 euros. Estes galardóns recoñecen o traballo de colectivos ou de persoas individuais que desenvolven as súas actividades cunha clara vocación social no municipio de Santiago.

Establécese un premio individual e outro a unha entidade benéfica e social, consistentes nunha insignia de ouro e acibeche e nun diploma acreditativo. O prazo para a presentación de candidaturas rematará 30 de novembro. A documentación entregarase no Rexistro Xeral do Concello. Deberá contar cunha breve biografía da persoa ou colectivo proposto, a exposición do traballo realizado e a exposición razoada polo propoñente dos motivos para a presentación da candidatura.

A entrega de premios farase nun acto público na Casa do Concello. Na edición de 2006 o premio individual recaeu en Marián Araújo Muíños, entres que o galardón colectivo foi parar á Asociación de Celíacos de Galicia e á Asociación para o Comercio Xusto Panxea.

Compartir: