TURISMO

O Concello de Santiago e o Xacobeo asinan un convenio para sinalizar a ruta xacobea no municipio compostelán

19/11/2007 O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e presidente do consello de administración de Incolsa, Xosé Manuel Iglesias, e o conselleiro de Innovación e Industria e presidente do consello de administración da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Fernando Xabier Blanco Álvarez, asinaron en San Caetano un protocolo de colaboración para a sinalización do Camiño de Santiago no Concello compostelán.

En virtude deste acordo, ámbalas dúas institucións colaborarán na sinalización da Ruta Xacobea dentro do Concello de Santiago, de tal xeito que a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo achegará todo o material para a sinalización, mentres que Incolsa se compromete a realizar o proxecto e a efectuar os trámites de solicitude, obtención ou concesión das licenzas e permisos necesarios para realizar a citada sinalización, quedando ao seu cargo os gastos derivados destes conceptos.

Os gastos de execución da sinalización do Camiño de Santiago distribuiranse ao 50% entre ámbolos dous organismos.

Compartir: