RELACIÓNS VECIÑAIS

As asociacións veciñais repartiranse 100.000 euros para as súas actividades

19/11/2007 A Xunta de Goberno aprobou as subvencións para os proxectos de actividades programadas por 43 asociacións veciñais. Destinarase unha cantidade de 100.000 euros, co obxectivo de potenciar a actividade do movemento asociativo veciñal.

Do total do investimento, o 63% está dedicado a sufragar gastos de actividades, o 32% para gastos de funcionamento das asociacións e o 5% restante para publicacións periódicas daquelas asociacións que as editen. Entre as actividades subvencionadas hai unha gran variedade: cursos, talleres, grupos de baile, magostos, campionatos deportivos ou excursións, entre outras moitas. O importe máximo da subvención por asociación é de 3.400 euros.

Compartir: