PREMIO DE EUROPA

Santiago celebra o 20 aniversario da concesión do Premio de Europa e os 50 anos da creación deste galardón

30/06/2005 Cento cincuenta membros do Consello de Europa, trinta e cinco deles parlamentarios de practicamente todos os países da Unión Europea e vintecinco representantes das cidades premio de Europa, boa parte deles alcaldes, asistirán o venres 1 e o sábado 2 de xuño aos actos conmemorativos do 50 aniversario do Premio de Europa e o 20 aniversario da concesión deste galardón a Santiago de Compostela.

O venres 1 de xullo darán comezo os actos conmemorativos do 20 aniversario concesión do Premio de Europa a Santiago e o 50 aniversario da creación deste galardón, aos que acudirán alcaldes e representantes das cidades premiadas, membros do Consello de Europa, ex-presidentes e parlamentarios.

A inauguración oficial será ás 9.30 no Auditorio do Hostal dos Reis Católicos, e nela intervirán o alcalde compostelán, Sánchez Bugallo, o Secretario Xeral do Consello de Europa e o Presidente da Asemblea Parlamentaria, René van der Linden, tras o que terá lugar un coloquio e a cerimonia de entrega da reprodución do Premio de Europa aos representantes das cidades que asistan.
Tras un almorzo de traballo, os convidados disfrutarán dunha visita guiada á cidade que inclúe a visita aos tellados da Catedral ata preto das oito da tarde, que acudirán ao Concello, onde o Presidente da Comisión asinará no Libro de Ouro da Cidade. Pola noite, asistirán ao concerto de Ainhoa Arteta, na praza do Obradoiro.

Na mañá da segunda xornada, o sábado 2 de xullo, farase unha visita ao inicio urbano do camiño de Santiago, no parque do Palacio de Congresos, en San Lázaro, onde se descubrirá unha placa conmemorativa do encontro. A continuación, os convidados asistirán á Misa do Peregrino e visitarán o interior da Catedral. Logo asistirán a un almorzo oficial ofrecido polo alcalde compostelán no convento de San Francisco. O domingo 3 os convidados visitarán as Rías Baixas.

O Premio de Europa
O Premio de Europa foi creado no ano 1955 polo Comité de Ministros do Consello de Europa. No 2005 son 61 as cidades europeas que ganaron o Premio de Europa, 175 as que obtiveron a Placa de Honra, 1033 os poderes locais que contan coa Bandeira de Honra e máis de 500 municipios recibiron o Diploma Europeo.

Tanto capitais como cidades dos estados membros poden acceder a este galardón, así como pobos pequenos que, polo xeral, están irmandados cuno u máis municipios estranxeiros e que participan activamente para reforzar a relación cos socios europeos. A selección anual dos premios incumbe á Comisión de Medio Ambiente e Agricultura da Asamblea Parlamentaria, e máis en particular, á súa Subcomisión do Premio de Europa.

Desde 1990 e coa adhesión dos países de Europa central e oriental ao Consello de Europa, a Subcomisión examinou numerosas candidaturas procedentes de Bulgaria, Croacia, Hungría, Lituania, Moldavia, Polonia, Rumania, Rusia, Eslovaquia, Eslovenia e Ucrania.

Corenta e cinco anos despois da súa creación, o Premio de Europa, coas súas catro variantes (o Diploma Europeo, a Bandeira de Hora, a Placa de Honra e o Premio de Europa) consolidouse como un instrumento fundamental para impulsar as relacións entre os cidadáns de Europa e promover a idea europea.

Un obxectivo, catro premios

O Diploma Europeo
Trátase da primeira fase da selección dos ganadores. Cada ano entréganse uns trinta diplomas. Os alcaldes dos municipios premiados reciben un pergamiño co nome do municipio e a data de concesión do Diploma, nunha ceremonia oficial celebrada no Palacio de Europa en Estrasburgo, durante a sesión de outono da Asamblea Parlamentaria.

A Bandeira de Honra
A Bandeira de Honra, bordada e con flecos de ouro, é o premio máis coñecido, e constitúe un paso fundamental de cara á obtención da Placa de Honra e o Premio de Europa. Cada ano entréganse unhas vinte bandeiras. Un membro da Asemblea Parlamentaria fai entrega da bandeira ao municipio galardoado nunha cerimonia municipal aberta ao público.

A Placa de Honra
A nova versión da Placa de Honra creouse no 2001. Componse, na parte superior, de figuras en latón que representan o rapto de Europa. Na parte central figuran as doce estrelas de Europa e unha inscrición co ano de obtención da Placa, mentres que a parte inferior contén un mapa estilizado e en filigrana da Gran Europa no que se indica o nome do municipio galardoado. Toda a placa está fixada a un soporte transparente. Un membro da Asemblea Parlamentaria fai entrega da placa ao municipio gañador nunha cerimonia á que se invita aos veciños. Cada ano entréganse dez placas, cun total de 165 concedidas ata a data.

O Premio de Europa
É o máis importante dos catro premios e creouse no 1955 en recoñecemento dos esforzos extraordinarios realizados para promover a unidade europea. 56 municipios foron galardoados ata a data, recibíndoo cada ano un ou dous municipios que xa obtiveron a Placa e a Bandeira. O Premio de Europa consiste nun trofeo, unha medalla de bronce, un pergamiño conmemorativo, e unha beca para financiar viaxes de estudo en Europa destinados ao mozos do municipio gañador. O Presidente da Asamblea Parlamentaria do Consello de Europa fai entrega do premio "Día de Europa" organizado polo municipio, ao que tamén asiste a Subcomisión do Premio de Europa.

En 1984 estableceuse unha Asociación de gañadores do Premio de Europa, formada por todas as cidades galardoadas que se reúne ao menos unha vez ao ano. Desde maio de 2004, preside a Asociación a cidade de Tübingen (Alemaña), gañadora do premio en 1965.
O Premio de Europa consiste nun trofeo itinerante, cunha placa de bronce con motivos alegóricos e unha inscrición en latín. O trofeo é conservado polo municipio ou ente local galardoado ata o seguinte premio, cando se transfire ao municipio galardoado do ano seguinte. No escudo figura o nome de todos s municipios que recibiron o Premio.

O Consello de Europa
É unha organización política creada o 5 de maio de 1949 por 10 países europeos, para promover a unidade do continente. Na actualidade está integrado por 46 Estados membros: Albania, Alemania, Andorra, Armenia, Austria, Azerbaiyán, Bélgica, Bosnia e Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Ex-República Iugoslava de Macedonia Federación de Rusia, Finlandia, Francia, Georgia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Moldova, Mónaco, Noruega, Países Bajos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumanía, San Marino, Serbia e Montenegro, Suecia, Suiza, Turquía e Ucrania.

Os principais obxectivos do Consello de Europa son consolidar a democracia en todos os niveis de goberno, así como os dereitos humanos e o imperio da lei; reforzar a cohesión social e fomentar a toma de conciencia e o desenvolvemento dunha identidade europea común dentro do respecto á diversidade cultural.

A gran variedade de actividades realizadas polo Consello de Europa moitas veces adoptan a forma de convenios ou acordos, contando ata a data con máis de 170, entre os que destacan o Convenio Europeo de Dereitos Humanos, o Convenio Cultural Europeo, a Carta Social Europea, e o Convenio Europeo para a Prevención da Tortura.

O Palacio de Europa en Estrasburgo (Francia) é a sede do Consello de Europa, que actúa sobre a base do diálogo entre os seus dous órganos estatutarios: o Comité de Ministros e a Asemblea Parlamentaria. O Congreso dos Poderes Locais e Rexionais do Consello de Europa está composto tamén por 602 membros, y representa as rexións e municipios de Europa. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos está composto por igual número de xuíces que de Estados parte no Convenio.

Compartir: