TURISMO

A Real Filharmonía de Galicia pon música ao novo vídeo promocional de Santiago de Compostela

09/11/2007 O luns 11 de novembro, a Real Filharmonía gravará a peza musical que servirá de banda sonora ao novo vídeo encargado dende Incolsa para a promoción exterior de Santiago. A produción, rodada con modernas técnicas cinematográficas, está baseada nun plano secuencia que percorre os lugares emblemáticos de Compostela seguindo unha pompa de xabón.

O seu carácter cinematográfico ven subliñado pola banda sonora composta por Manuel Riveiro. Na música conflúen elementos tradicionais, unha mestura de xéneros que mesmo inclúe sons evocadores da tuna compostelá e que rematan co grande momento sinfónico protagonizado pola Real Filharmonía de Galicia, que pecha o vídeo nun gran plano final gravado pola noite na Praza das Praterías. Este novo vídeo promocional renovará a imaxe da cidade ante os mercados nacionais e internacionais.

Compartir: