TRANSPORTES

José Ramón Mosquera, novo xerente en funcións de Tussa

08/11/2007 O Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (Tussa), presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, designou como director-xerente en funcións a José Ramón Mosquera Ferreiro.

Ata a data, José Ramón Mosquera viña traballando como técnico de planificación do transporte urbano. Sucede no cargo a Carlos González, quen deixou o cargo para asumir a dirección do Consorcio de Transportes de Asturias.

Compartir: