URBANISMO

Sánchez Bugallo avoga por unha arquitectura "que teña en conta aos cidadáns e as súas necesidades"

08/11/2007 Os V Encontros Internacionais de Arquitectura congregan en Santiago, do 8 ao 10 de novembro a quince arquitectos de gran prestixio internacional, que falarán sobre a súa particular percepción da arquitectura a través dos seus traballos. O evento xira en torno ao papel do arquitecto na sociedade.

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou no acto inaugural, presidido pola ministra de Vivenda, Carme Chacón, e que tamén contou coa presenza, entre outros, da conselleira de Vivenda, Teresa Táboas. O rexedor compostelán expresou a súa satisfacción por recibir aos participantes nunha cidade como Santiago na que a arquitectura e o urbanismo "ten un referente esencial que reflicte as distintas identidades da cidade ao longo do tempo".

"A arquitectura é a testemuña menos subornable da Historia", lembrou Sánchez Bugallo citando a Octavio Paz antes de facer un percorrido pola historia arquitectónica de Compostela". Xa en referencia ao presente, indicou que "hoxe, máis que nunca, a arquitectura é filosofía do espazo vital, é unha ferramenta de planificación que debe ter en conta aos cidadáns e as súas necesidades, e que debe converterse nun traballo minucioso, ecolóxico e sostible, que máis alá dos premios e a espectacularidade sexa capaz de merecer o recoñecemento dos habitantes".

O alcalde puxo como exemplo disto algunhas obras en Santiago de moitos grandes da arquitectura: dous edificios de Álvaro Siza, aa facultade de Xornalismo e o Centro Galego de Arte Contemporáneo; a premiada Facultade de Filoloxía de Alberto Noguerol e Pilar Díez, que tamén deseñaron o Palacio de Congresos e a nova terminal do aeroporto de Lavacolla; o Auditorio, de Julio Cano Lasso; o edificio multiusos Fontes do Sar, de Arenaza r Pujol; o Centro Sociocultural de Santa Cristina de Fecha, de Pedro de Llano; ou o centro sociocultural da Trisca, obra do falecido John Hedjuk. Tampouco se esqueceu Bugallo de arquitectos como Manolo Gallego e César Portela, nin de proxectos de futuro como o tampoco de los proxectos de futuro como o de Jean Nouvel para a finca de Espiño; ou a propia Cidade da Cultura, de Peter Eisenman.

O congreso, que ten como eixo central o concepto de "Buscas", reúne en Santiago de Compostela a 1.500 asistentes. Está considerado coma o acontecemento arquitectónico periódico máis importante de Europa. Pronunciarán conferencias arquitectos da talla internacional de Álvaro Siza, Zaha Hadid, Shigeru Van, Carme Pinos, Thomas Herzog ou Josep Lluis Mateo, entre outros.

Ademais, traslada actos a distintas sedes da cidade, tratando de aproximar experiencias arquitectónicas aos cidadáns mediante a organización de actividades en salas e espazos. Así, ademais das conferencias, programouse a exposición "44 Young Architects" (Casa da Conga), unha mostra da construción no propio Palacio de Congresos e visitas a edificios singulares de la cidade, entre outras actividades.

Compartir: