URBANISMO

Emuvissa aproba nove acordos de expropiación do SUNP-14 de Tras Paxonal

07/11/2007 A Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) celebrou o seu Consello de Administración, presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Na reunión aprobáronse nove acordos de expropiación con propietarios de terreos no ámbito do Plan de Sectorización do SUNP-14 de Tras Paxonal.

Trátase de acordos con propietarios que contaban con vivendas no ámbito e que serán realoxados. A resolución do proxecto de expropiación permitirá comezar as obras de urbanización. Estas terán un custo duns cinco millóns de euros e un prazo de execución de doce meses.

Neste solo de Tras Paxonal construiranse 382 novas vivendas, agrupadas en cinco bloques, das que 300 serán protexidas. Tamén se edificará unha serie de vivendas unifamiliares para o realoxo dos propietarios afectados. Este novo polígono residencial sitúase tras o restaurante Paz Nogueira e en paralelo á avenida de Santiago de Cuba.

Por outra parte, o Consello de Administración tamén ratificou a solicitude ao Concello de atribución a Emuvissa do 10% do aproveitamento municipal no solo SUNP-5 da Muíña. Finalmente, aceptouse a proposta de resolución do convenio do solo SUNP-38 de Formarís.

Compartir: