ALCALDÍA

Concretados os prazos legais para a posta en marcha do Rexistro Mercantil

05/11/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión coa directora xeral de Rexistros e Notarías, Pilar Blanco-Morales, na cal se concretaron os prazos previstos para que comece a funcionar o novo Rexistro Mercantil de Santiago.

Bugallo sinalou tras a saída do encontro que previsiblemente a partir do 15 de novembro os rexistradores que queiran optar a esta praza disporán de 15 días hábiles para presentar a súa solicitude.

Será a mediados de xaneiro cando o Ministerio de Xustiza designe o novo rexistrador, que terá un prazo máximo de seis meses para abrir o novo Rexistro Mercantil de Santiago. Para que non se esgote este prazo e o servizo comece a funcionar canto antes, o alcalde fixo fincapé en que o Concello tratará de apoiar e colaborar co novo rexistrador, na medida do posible.

Compartir: