MOBILIDADE E FACENDA

O Concello inicia os trámites para contratar a xestión das infraccións de tráfico

05/11/2007 O Goberno local aprobou o prego e iniciou o expediente de contratación da xestión dos expedientes sancionadores por infraccións contra a normativa de tráfico vial urbano. O importe de licitación é de 300.000 euros ao ano e o prazo de duración do contrato será de dous anos.

O Concello vén xestionando os expedientes sancionadores mediante unha empresa externa dende 2001. Unha vez concluído o contrato actual, xa prorrogado, ábrese un novo concurso para a contratar este servizo.

Cartografía municipal
Por outra parte, a Xunta de Goberno tamén adxudicou á empresa Disecar a asistencia técnica para a realización dos traballos de actualización permanente da cartografía de referencia municipal, por importe de 97.000 euros.

Compartir: