REHABILITACIÓN

Máis de 330.000 euros en axudas para rehabilitación de vivendas

05/11/2007 A Xunta de Goberno local aprobou definitivamente axudas por importe de 337.597 euros, para rehabilitación de vivendas. Deste importe, a Xunta achega o 43% e o Ministerio o 57% restante.

Destas subvencións beneficiaranse 44 vivendas en rúas como Algalia de Arriba, Costa Vella, Truques, San Pedro, San Francisco, Patio de Madres, Loureiros, Carretas, Mazarelos, Costa do Veedor, Hortas, Pexigo de Abaixo, Cervantes, Toural ou Altamira, entre outras.

A cantidade achegada pola Consellería de Vivenda é financiada no marco do convenio de colaboración entre esta e o Concello de Santiago en materia de actuacións na área de rehabilitación do Casco Histórico, asinado o 9 de marzo de 2007. O resto da subvención, que lle corresponde ao Ministerio de Vivenda, será financiada mediante unha achega extraordinaria do Consorcio, á espera de que o Ministerio formalice a súa achega respectiva.

Compartir: