DEPORTES

Destacados especialistas en xestión deportiva reuniranse en Compostela o 10 de novembro

02/11/2007 O presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos, Eduardo Blanco, reuniuse en Raxoi co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e co concelleiro de Deportes, Andrés Fariña.

Nesta xuntanza falaron sobre a celebración, o sábado 10 de novembro, dun congreso que reunirá en Compostela a destacados especialistas na xestión deportiva. Con este evento prolóngase a colaboración que a Asociación e o Concello veñen mantendo e que xa se materializou nun encontro semellante en 2006 por esas mesmas datas.

Compartir: