CULTURA
Outras incorporacións á programación desta XXI edición son as de "Michael Clayton", o thriller producido por Sydney Pollack e protagonizado por George Clooney, e xa dentro da sección Fantastique Compostela, o loubado retorno de George A. Romero ao terror con "O diario dos mortos" ou a nova esperada película do coreano Park Chang-wook "Ok, I’m a cyborg".
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentará a programación completa de Cineuropa, así coma o nome dos premiados desta edición, nunha rolda de prensa o luns, días 6, ás 12:00 horas, na que tamén estará o director do festival, José Luis Losa.
Cineuropa estrea "Liste, pronunciado Lister", primeira longametraxe de Margarita Ledo
30/10/2007 A edición número XXI de Cineuropa vén cargada de estreas dos mellores filmes da actualidade. Así, o venres día 9, o Teatro Principal acolle a presentación da primeira longametraxe de Margarita Ledo, Liste, pronunciado Lister. O filme é a visión da realizadora galega sobre o líder comunista nacido en Calo e erixido nunha das figuras míticas da Guerra Civil.
A sección oficial incluirá as últimas creacións dalgúns dos nomes máis relevantes do panorama europeo. Así, o festival proxectará "It´s a free work", de Ken Loach, presentada en Venecia; "A muller cortada en dous", de Claude Chabrol; "A duquesa de Langeais", de Jacques Rivette; ou "Cen cravos" de Ermanno Olmi. Ademais, a sección oficial ofrece as últimas interpretacións de Audrey Tattou ("Ensemble, c’est tour", de Claude Berri), ou Juliette Binoche, en "The voyage of the red balloon" de Hou Hsiao Sien.Outras incorporacións á programación desta XXI edición son as de "Michael Clayton", o thriller producido por Sydney Pollack e protagonizado por George Clooney, e xa dentro da sección Fantastique Compostela, o loubado retorno de George A. Romero ao terror con "O diario dos mortos" ou a nova esperada película do coreano Park Chang-wook "Ok, I’m a cyborg".
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentará a programación completa de Cineuropa, así coma o nome dos premiados desta edición, nunha rolda de prensa o luns, días 6, ás 12:00 horas, na que tamén estará o director do festival, José Luis Losa.