PROMOCIÓN ECONÓMICA

As Microguías de Oportunidades de Negocio xa se poden consultar en internet

30/10/2007 As Microguías de Oportunidades de Negocio, elaboradas pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo xa están a disposición das persoas interesadas na páxina web da Concellaría: www.maiscompostela.org. Os dez documentos, en formato PDF, pódense descargar no espazo adicado a comercio.

As guías enmárcanse no conxunto de accións levadas a cabo a través do Plan de Excelencia Comercial, no eixo de actuación denominado Impulso de novas Iniciativas Comerciais. O seu principal obxectivo é facilitar ao emprendedor unha información específica a partir da cal poida concretar aspectos fundamentais da empresa que ten pensado crear, xa que conteñen datos sobre o mercado, o produto, os clientes, as particularidades da actividade a emprender, e unha análise económico financieira da mesma.

As dez Microguías de Oportunidades de Negocio desenvolven estudos sobre proxectos empresariais do sector terciario (comercio, hostalería e sector servizos) con importante demanda en Santiago.

As dez Microguías de Oportunidade de Negocio presentan a mesma estructura. Todas elas están divididas en once apartados, nos que se analizan, entre outros puntos, a competitividade dos produtos ou servizos ofertados, o perfil dos potenciais clientes, os competidores, como colocar o produto no mercado, os recursos técnicos, humáns e económicos necesarios para emprender o negocio, os trámites para a posta en marcha da empresa, etc.

Compartir: