TRANSPORTES

O 1 de xullo entran en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano

28/06/2005 Editaranse 25.000 folletos informativos que estarán a disposición dos usuarios, onde se informará da liña de reduccións, que se mantén con respecto a anos anteriores.

O transporte urbano compostelán comezará o seu horario de verán o 1 de xullo, mantendo a mesma liña de reducións que en anos anteriores. Hai algúns aspectos que non cambian con respecto ao inferno, como que a liña 5 non se reduce nin en vehículos asignados nin en horarios, para evitar problemas de ocupación nesta liña, que cubre a estación de autobuses dende a súa integración coa antiga liña 10. Igualmente, as piscinas do Sar estarán atendidas de maneira efectiva entre as 11.00 horas e as 21.00 horas polos autobuses que cobren a liña 11, que se desviarán ata as mencionadas instalacións deportivas.

Na web de Tussa xa están colgados os novos horarios de verán. Ademais editaranse 25.000 folletos informativos que estarán a disposición dos usuarios a partir do venres 1 de xullo nos sitios de costume (nos propios autobuses, oficina de información da Praza de Galicia, oficina de atención ao cidadán, estación de autobuses, hospitais...).

Así mesmo, a empresa operadora Trap,s.a. está a disposición dos cidadáns no teléfono 901 120 054 durante todo o ano no horario de funcionamento do servizo, no que lles poderán informar de horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada.

Compartir: