DEPORTES

A Fundación Compostela Deporte e os empresarios do Tambre unen deporte e solidariedade

26/10/2007 O alcalde compostelán e presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (AEPIT), Jesús Chenel Noya, asinaron un convenio de colaboración, polo que traballarán conxuntamente dentro do ámbito social e deportivo.

O acordo fomentará a responsabilidade social corporativa no deporte entre as empresas do Polígono do Tambre. Ten un compoñente solidario, que se fará visible en feitos como a creación do trofeo Empresa Solidaria, dentro do programa Deporte e Vida. A Fundación outorgarao nun acto oficial a aquela empresa que cumpra cos obxectivos de responsabilidade social no ámbito deportivo.

Tamén se colaborará na realización de foros de debate e na organización da Carreira Popular Solidaria, para fomentar as boas prácticas deportivas entre os membros do Polígono do Tambre e a sociedade compostelá en xeral. O convenio prorrogarase anualmente a vontade das partes.

Compartir: