TURISMO

Axentes de viaxe italianos visitan Santiago

26/10/2007 Turismo de Santiago e a Cámara de Comercio organizan a viaxe de familiarización na que participan nove axentes de viaxe italianos, que promoverán a capital galega nos seus catálogos do 2008.

Un grupo de nove turoperadores italianos, especializados en viaxes culturais e de peregrinación, visitan Compostela invitados por Turismo de Santiago e a Cámara de Comercio para coñecer de preto os atractivos da cidade e incluílos nos seus catálogos de viaxe para 2008.

Os profesionais, que proceden de axencias coma Inicom Viaggi, Emivacanza, Master Explorer, Sempre e Ovunque Viaggi e Vacanze, Petratours e Aliviaggi, chegan o venres 26, a tempo para disfrutar do tour nocturno da cidade, e continuarán o seu programa, xestionado por Compostur, cunha excursión de día completo nas Rías Baixas o sábado 27.

O domingo 28 coñecerán o último tramo do Camiño de Santiago e o Monte do Gozo, percorrerán a cidade histórica e subirán ás cubertas da Catedral, para experimentar os produtos turísticos que promoverán nas súas ofertas para o mercado italiano.

Compartir: