PLENO

Carlos Nieves tomou posesión como concelleiro

25/10/2007 O número 11 das listas socialistas nas últimas eleccións, Carlos Nieves, tomou posesión como concelleiro no Pleno Municipal. Trala renuncia de Francisco Candela, asume as funcións de concelleiro de Transportes e Mercados.

Este é o quinto mandato no que Nieves participa. En tres das ocasións entrara na Corporación tamén en substitución dun compañeiro. Malia que a toma de posesión se formalizou no Pleno, o concelleiro xa se trasladou ás súas novas dependencias a finais de setembro para comezar a traballar no departamento de Transportes.

Entre as cuestións inmediatas que ocuparán ao novo concelleiro está a elaboración dun plan para fomentar o uso da bicicleta e para crear un sistema de aluguer das mesmas. O alcalde encargoulle este cometido, no que se coordinará con outros departamentos municipais.

Compartir: