DEPORTES

Un novo libro dá a coñecer o deporte paralímpico e os seus valores

25/10/2007 No Colexio Maior Fonseca presentouse o libro "Tiempos Paralímpicos" ante un grupo de estudantes de Santiago. Este libro, promovido polo Comité Paralímpico Español e patrocinado pola Fundación Cultural Banesto, pretende dar a coñecer os valores do deporte paralímpico entre os máis novos.

O concelleiro de Deportes, Andrés Fariñas, participou nesta presentación xunto á autora do libro e esquiadora paralímpica, Carme García, e aos deportistas composteláns con discapacidade José Barrio, Iria González-Dopeso e Jónatan Barral, entre outros.

O libro está facendo un recorrido por vinte cidades españolas. Este documento divulgativo e educativo editouse en catalán, éuscaro e galego, ademais de en castelán. Vai dirixido especialmente aos alumnos de educación secundaria. Os estudantes que asistiron á presentación foron obsequiados cun exemplar da obra.

Compartir: