ALCALDÍA

Estudantes de posgrao mexicanos fórmanse en Santiago

23/10/2007 Un grupo de nove alumnos mexicanos están formándose en Compostela no marco o do programa de posgrao que a Universidade de Anahuac de Xalapa (capital do Estado de Veracruz-México) e a Universidade de Santiago imparten conxuntamente. Todos eles, acompañados dunha profesora, foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Na súa maioría, os alumnos son persoas que traballan na Administración Pública do Estado de Veracruz ou en empresas públicas mexicanas. A viaxe a Compostela forma parte do programa de estudos da Mestría, en virtude do cal recibirán clases na USC e realizarán prácticas relacionadas co dereito constitucional e electoral español e galego, co funcionamento das administracións públicas, cos cambios sociais en España e coa integración europea.

Neste contexto académico, amosáronse interesados en coñecer o funcionamento e composición do Concello de Santiago, como información complementaria ás súas clases.

Compartir: