ALCALDÍA

Galicia e Cabo Verde promoven vías para o intercambio cultural e económico

17/10/2007 Cabo Verde é o país protagonista das primeiras xornadas "Galeguía", organizadas pola Fundación Vía Galego. Este encontro nace co obxectivo de achegar aos galegos diversos aspectos dos países de fala galego-portuguesa.

O alcalde compostelán recibiu aos participantes nas xornadas, nas que se están a fomentar vínculos de colaboración entre Galicia e Cabo Verde en ámbitos como a cultura, o turismo ou a pesca. Sánchez Bugallo desexoulles unha "feliz e útil estancia en Compostela" e lembrou que en Galicia "seguimos tendo moi preto a Cabo Verde", malia a distancia física.

O encontro celébrase do 17 ao 20 de outubro en Santiago, A Coruña e Vigo. O seu programa inclúe mesas redondas, conferencias, concertos, cinema e obradoiros.

Compartir: