DEPORTES

O Día da Bicicleta, suspendido no seu día polo mal tempo, celebrarase o domingo 21 de outubro

15/10/2007 O mal tempo impediu a celebración do Día da Bicicleta o 30 de setembro. Por este motivo, o Goberno local designou unha nova data para este evento, o domingo 21 de outubro, co percorrido e o horario previsto para entón.

A proba sairá ás 11:00 horas do Centro Comercial Compostela. O percorrido levará aos participantes polas seguintes rúas: Paxonal, Amor Ruibal, Hórreo, praza de Galicia, Fonte de Santo Antonio, Virxe da Cerca, Porta do Camiño, Rodas, colexio La Salle, San Roque, Santa Clara, Basquiños, San Caetano, Camiño Francés, rúa París (Fontiñas), rúa Londres, Multiusos de Sar, rúa Diego Bernal, Ponte do Sar, Castrón D’Ouro, Curros Enríquez, Santiago de Guayaquil, República do Salvador, Alfredo Brañas, República Arxentina, praza Ponte Castro, Hórreo, Senra, Porta Faxeira, Pombal, Galeras, Salvadas, Vista Alegre, avenida de Castelao, Burgo das Nacións, Xoán XXIII, San Francisco e praza do Obradoiro.

A organización recomenda aos participantes usar casco e respectar os límites marcados pola organización. Ademais, todos deben ter precaución e seguir con atención as instrucións da Policía Local, de Protección Civil e dos colaboradores do Club Ciclista Compostelán e do Moto Club Compostela. Tamén se lembra que a proba non é unha competición, senón un paseo en bici, e que cómpre ser respectuoso cos demais participantes.

Subvencións para actividades puntuais
Por outra parte, a Xunta de Goberno acordou prorrogar o prazo de resolución da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento de actividades puntuais ata o 14 de novembro. A razón desta prórroga é o elevado número de solicitades presentadas, 40, das que 15 entraron no Rexistro nos últimos tres días do prazo. Ademais, cómpre dar a algúns dos interesados o prazo legal para que completen a documentación esixida.

Compartir: