MULLER

A Concellaría da Muller concede 17.579 euros en subvencións a quince asociacións

15/10/2007 O Goberno local aprobou a concesión de diversas subvencións para o fomento do movemento asociativo e de defensa da muller. Concedéronse axudas por un importe total de 17.579 euros, dos que se beneficiarán quince asociacións.

As entidades beneficiarias son as seguintes: Xiara, Asociación de Empregadas do Fogar (1.250 euros); Asociación de Viuvas Rosalía de Castro (1.196); Vocalía da Muller da Asociación de Veciños Coto da Nai (880); Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela (702); Mulleres Nacionalistas Galegas (1.250); Vocalía da muller da Asociación de Veciños Camiño de Santiago (1.230); Asociación de Mulleres Progresistas Alba (1.250); Fegamur (1.250); Vocalía da Muller da Asociación de Veciños As Brañas de Andrés (1.250); Asociación de Mulleres "A Lagoa" 1.200); Secretaría da Muller da Unión Comarcal de CC.OO. (1.250); Asociación de Mulleres Recandea (1.121); Asociación Galega Pro-Lactación materna MÁMOA (1.250); Asociación de Mulleres Socialistas de Compostela (1.028); Andaina de Mulleres. Asociación Cultural (1.250); Vocalía da Muller da Asociación de Veciños Ponte do Romaño/San Xoan de Afora (1.250).

Compartir: