CONSORCIO
Cómpre lembrar que a recuperación das hortas de Belvís foi unha das grandes apostas do Concello, a través do Consorcio de Santiago, para incrementar a rede de espazos verdes da cidade e, neste caso, un circuíto vinculado ao Casco Histórico xunto á Alameda e o Parque de Bonaval.
A falta destas obras, o proxecto estará concluído nos primeiros días de decembro, o que permitirá gañar para a cidade outros 80.000 metros cadrados de espazo de ocio dentro do ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica, ademais de permitir a conexión directa desta parte de Belvís coa zona da rúa do Olvido.
A actuación realizada supuxo un investimento de 1,15 millóns de euros, e será a principal área de lecer dunha zona cun importante aumento de poboación, trala ocupación das setenta vivendas protexidas en réxime de aluguer nas inmediacións do parque.
Recta final para as obras do Parque de Belvís
11/10/2007 A limpeza e acondicionamento do parque urbano estarán rematados a primeiros de decembro trala aprobación do proxecto reformado elaborado polos arquitectos directores de obra.
O feito de que a plantación de árbores só poida levarse a cabo dentro desta época do ano retrasou o remate da obra, que esixe a limpeza e desbroce dalgunhas zonas, a instalación de alumeado, plantación de herba, árbores e arbustos, así como a estabilización de terras, entre outras actuacións, cuestións todas que se recollen no proxecto reformado.Cómpre lembrar que a recuperación das hortas de Belvís foi unha das grandes apostas do Concello, a través do Consorcio de Santiago, para incrementar a rede de espazos verdes da cidade e, neste caso, un circuíto vinculado ao Casco Histórico xunto á Alameda e o Parque de Bonaval.