PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO

A Asemblea Xeral do Programa Equal-Compostela Social reúnese no Auditorio

24/06/2005 O luns 27 de xuño, no Auditorio de Galicia, comezará a desenvolverse a xuntanza da II Asemblea Xeral do Programa EQUAL - Compostela Social.

Na mañá do 27 de xuño, terá lugar unha Asamblea Xeral do Programa Equal para dar conta do estado deste proxecto.

Compostela Social é un programa de ámbito comarcal liderado e promovido pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego de Concello de Santiago. Este programa incluese no marco da iniciativa comunitaria Equal para o periodo 2004-2007 que ten como obxectivo mellorar as oportunidades de emprego e facilitar a incorporación ao mercado laboral en "condicións dignas e de estabilidade" a un colectivo de cidadans da comarca que por diferentes razóns sofren unha situación de discriminación e da exclusión social que en moitos casos roza a marxinalidade. Compostela Social está pensado especialmente para os mozos e mozas sen cualificación, as mulleres de idade avanzada, os discapacitados e discapacitadas, os parados e paradas de longa duración as familias monoparentais e as víctimas da violencia doméstica e as persoas inmigrantes e emigrantes retornadas.

Ademais do Concello de Santiago, forman parte de Compostela Social o Concello de Ames, o de Boqueixón, o de Brión, o Teo, o de Val do Dubra, o de Vedra, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, a Cámara de Comercio de Santiago, a Confederación Galega de Minusvalidos (Co.Ga.Mi.), a Plataforma polo Emprego, a Fundación para o Desenvolvemento Comarcal e Caixa Galicia.

Compartir: