ALCALDÍA

Defensa impulsa un principio de acordo para pechar a operación de Bando

09/10/2007 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reuníronse en Madrid co director xeral de Defensa, Jaime Denís Zambrana e con tres membros do Aeroclub que acudiron acompañados do seu avogado, para avanzar nas negociacións.

No encontro ratificáronse os pasos dados ata o de agora cos que todas as partes se mostraron de acordo. So quedaron en suspenso algunhas cuestións que deberán ser resoltas por AENA. Se as apreciacións de AENA sobre estes puntos son positivas, antes dun mes podería fixarse unha próxima reunión para pechar o acordo. Deste xeito, manteríanse os prazos previstos e as obras da nova terminal aeroportuaria poderían dar comezo en xaneiro.

Liberación de terreos para a terminal
Antes será necesario trasladar as instalacións do Aero Club aos novos terreos do antigo campo de tiro e campamento militar de Bando, onde se construirá un novo campo de golf de preto de 600.000 metros cadrados, en cuxo deseño participa o golfista australiano Greg Norman. Este espazo contará tamén cun uso residencial (308 vivendas) e con diversas dotacións deportivas, hostaleiras e sociais. O proxecto inclúe a construción dunha depuradora soterrada de auga, que dará servizo aos veciños de Lavacolla.

Compartir: