EDUCACIÓN

O RACC celebra en Santiago o seu centenario cunha viaxe pola historia do automobilismo e da mobilidade en España

09/10/2007 A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, e o presidente do Real Automóbil Club de Catalunya (RACC), Sebastián Salvadó Plandiura, inauguraron a exposición itinerante "RACC, 100 anos de confianza", enmarcada dentro colaboración entre as dúas entidades para a Campaña de educación viaria e na autoprotección. A mostra poderá visitarse do 9 ao 28 de outubro en la Avenida Marqués de Sargadelos (Campus Sur), despois de percorrer xa 13 cidades do Estado en 2007 e ter recibido máis de 270.000 visitantes.

Con esta iniciativa, o RACC quere compartir con todos os cidadáns os seus 100 anos de historia, que o converteron no maior automóbil club de España, con máis dun millón de socios. Entre outros aspectos, no marco desta exposición os visitantes terán a oportunidade de ver de preto o Renault R-25 campión do mundial 2005 de Fórmula 1, así como a moto coa que Dani Pedrosa gañou o seu terceiro título mundial en 2005.

A exposición "RACC,100 años de confianza" invita ao visitante a facer un repaso pola historia do RACC, que á vez lévao a facer unha viaxe pola historia do automobilismo e da mobilidade en España. É un percorrido pedagóxico a través de imaxes, audiovisuais e obxectos históricos, todo integrado nunha escenografía atractiva e educativa baixo unha carpa de 400 metros cadrados.

Tras facer unha visita á exposición, a concelleira de Educación destacou "a súa perspectiva histórica, social e deportiva", con referencia a aspectos como "a seguridade vial, a mobilidade e o medio ambiente". Guadalupe Rodríguez invitou a toda a comunidade educativa a visitar a mostra, cuxo obxectivo final é "a educación dos nenos e dos nosos cidadáns".

Pola súa parte, o presidente do RACC, Sebastián Salvadó, referiuse á vertente histórica da mostra "que é á vez a dos 100 anos do automobilismo español". Agradeceu ao Concello de Santiago a colaboración e lembrou que máis de 600 nenos da cidade participaron xa nas actividades educativas do RACC.

A exposición articúlase a partir de catro ámbitos temáticos. O primeiro e o máis extenso amosa a historia da entidade e do automobilismo en España; o segundo céntrase nos servizos que o Club desenvolveu para dar resposta ás necesidades dos seus socios; e o terceiro fai un repaso ás actividades da entidade no terreo do deporte do motor. O cuarto bloque da exposición recolle a actividade da Fundación RACC no terreo da seguridade vial e da mobilidade sostible.

Mirando polo retrovisor
Neste ámbito, o visitante adéntrase na historia do Club e na evolución da sociedade con respecto ao automóbil. Dende a aventura de conducir os primeiros coches con motor de explosión hasta chegar aos nosos días, pasando por metas como o automóbil a gasolina ou a revolución que representou o Seat 600. Os visitantes poderán verán o primeiro automóbil construído en España, un La Cuadra de 1900, e o primeiro sidecar de asistencia do RACC (1957).

O Club e a paixón polo deporte
Ao longo dos seus cen anos de historia, o Club converteuse na entidade líder na prestación de asistencia mecánica, persoal e sanitaria urxente en España. Nesa parte da exposición o visitante descubrirá a partir de consultas interactivas, os produtos e servizos que o RACC pon a disposición dos seus socios.

Dende a área deportiva, o RACC organizou eventos deportivos de recoñecido prestixio internacional, coma o Gran Premio de España de Fórmula 1, o Gran Premio de Cataluña de Motociclismo e o Rally RACC, tres probas puntuables para os seus respectivos mundiais. Tamén destaca polo desenvolvemento de diferentes programas destinados á promoción de novos pilotos. Neste espazo da exposición poderase vivir, a través de audiovisuais, a paixón das carreiras de Fórmula 1, Motociclismo e Rallys.

Referente de mobilidade
A Fundación RACC creouse en 1994 para promover a mobilidad sostible mediante acciones de formación e asesoramento. O obxectivo final es influír positivamente sobre a actitude dos automobilistas, protexer os intereses dos usuarios e mellorar a calidade da vida dos cidadáns respecto á mobilidade. A Fundación dedícase amplamente á investigación e á seguridade vial, a partir de estudos técnicos sobre casos concretos; e á educación e á formación, onde se desenvolven aspectos pedagóxicos, que van dende programas de educación vial ás escolas ou aos postgraos.

Nesta materia educativa, o RACC colabora dende hai anos co Concello de Santiago. Nestes intres continúa a desenvolverse a Campaña de educación viaria e na autoprotección.

Ata o 28 de outubro
A exposición itinerante "RACC, 100 años de confianza" estará instalada na Avenida Marqués de Sargadelos do 9 ao 28 de outubro. Poderase visitar de luns a venres de 11:00 a 20:00 horas, e os sábados, domingos e festivos de 12:00 a 22:00 horas. A entrada é gratuíta.

Compartir: