PLENO

Francisco Candela formalizou no Pleno a súa renuncia á acta de concelleiro

25/09/2007 O último punto da orde do Pleno extraordinario do 25 de setembro foi a renuncia á súa acta do ata agora concelleiro de Transportes e Mercados, Francisco Candela. Os tres grupos municipais recoñeceron o traballo de Candela, especialmente á fronte de Turismo.

Na súa última intervención ante o Pleno, Candela manifestou que "foi unha honra e satisfacción trabalalr no Goberno municipal nos últimos oito anos en defensa dos intereses públicos e de Santiago. Cara o futuro, afirmou o seu desexo de "seguir nun plano máis cidadán colaborando co benestar deste concello".

A voceira do Grupo Municipal Socialista, Marta Álvarez-Santullano apuntou que "Santiago é hoxe unha refrencia no mundo do turismo grazas a Francisco Candela". En particular, lembrou como fitos da súa xestión a creación de Incolsa, o Plan de Excelencia, o Plan Estratéxico ou a chegada dos voos de baixo custo.

Tamén o tenente de alcalde, Néstor Rego, expresou o "recoñecemento" cara o traballo de Candela e desexoulle sorte. Igualmente, o voceiro do Grupo Municipal Popular, Gerardo Conde Roa, manifestou a súa "admiración" polo seu traballo. Finalmente, o propio alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, alabou a "a gran altura de miras" de Candela e, en referencia ao turismo, indicou que deixaba "o listón moi alto".

Compartir: