ALCALDÍA
A educación ambiental, factor clave para a transmisión do risco do cambio climático
25/09/2007 A importancia da educación ambiental como medio para a transmisión do cambio climático é unha das cuestións que se está a debater no I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia, que se celebra en Santiago do 24 ao 27 de setembro.
Os participantes deste Congreso fixeron un descanso no seu programa de mesas redondas e actividades para acudir a Raxoi, onde foron recibidos pola concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos.