ALCALDÍA

Caixa Galicia colabora na programación cultural do Concello de Santiago de Compostela

24/06/2005 A entidade financeira achegará 500.000 euros para o desenvolvemento de actividades culturais na capital de Galicia.

Música, teatro, exposicións e conferencias son algunhas das moitas actividades ás que contribuirá href="http://www.caixagalicia.es" target="blank"]Caixa Galicia a través do convenio de colaboración asinado o venres, 24 de xuño, polo director territorial de Caixa Galicia, Juan Carlos Caneiro, e o Alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

O convenio establécese co obxectivo de desenvolver novos proxectos culturais da mellor calidade e diversidade, e renova a colaboración que ambas entidades mantiveron nos últimos anos.

A Fundación Caixa Galicia, considerada polo Concello como un "axente preferente para a colaboración na realización de actividades culturais", achega 510.860 euros para a elaboración da programación cultural da cidade. Destas actividades, unha parte serán organizadas e realizadas polo Concello e outras pola Fundación Caixa Galicia. Ademais, ambos organizarán conxuntamente a exposición "Manuel Blanco: ampostas e empostas dun fotógrafo".

Propostas culturais para todos
A programación a desenvolver no marco do presente convenio comprende as máis diversas áreas culturais cubrindo un amplo abano de gustos e preferencias dos cidadáns. Entre estas actividades cabe suliñar:

-Música: ciclo Sons da diversidade, Festival de jazz, Voces consoantes....
-Teatro: Teatro en xira
-Exposicións: Manuel Blanco
-Cine: festival de curtas Cortocircuito 2005
-Conferencias: Formas de comunicación para o século XX
-Proxectos de innovación, investigación e formación, estudios e publicacións.

No acto, Juan Carlos Caneiro amosouse moi satisfeito de poder rubricar un convenio que permite renovar a colaboración entre ambas entidades e que "se prolonga no tempo desde hai moitos anos, ratificando o noso compromiso coa cultura galega e coa cidade de Santiago". O director territorial engadeu que "colaboración coas institucións para divulgar a cultura entre os cidadáns é unha boa forma de desenvolver a labor cultural que distingue as Caixas de Aforro do resto de entidades financeiras". Pola súa banda Sánchez Bugallo reiterou o agradecemento á entidade, habitual colaboradora do Concello e un dos piares sobre o que se asenta a recoñecida calidade da programación cultural de que goza a capital de Galiza.

Compartir: