EDUCACIÓN

Máis de 200 familias xa matricularon aos seus fillos na Escola Municipal de Música

24/09/2007 Xa son máis de 200 familias compostelás teñen matriculado aos seus fillos e fillas na Escola Municipal de Música. Este centro ofrece a oportunidade de educar a través da música a todas as persoas a partir dos catro anos.

Fundamentalmente está dirixida a nenos, pero teñen cabida mozos e adultos de Santiago de Compostela que desexen recibir unha formación, ben sexa porque careceron dela na súa etapa formativa, ou porque queren ocupar o seu tempo de ocio con actividades deste tipo.

Unha das especialidades que se ofrece é a de música e vento, a partir dos catro anos. Ademais, a partir dos oito anos, ofrécese a posibilidade de tocar os seguintes instrumentos: acordeón, baixo eléctrico, contrabaixo, gaita, guitarra, guitarra eléctrica, óboe, violín, viola, violonchelo, frauta, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, piano e percusión.

Continúa aberto, ata o día 1 de outubro, o prazo para a preinscrición de novo alumnado. As persoas interesadas poden dirixirse á Secretaría da Escola Municipal de Música (rúa de Betanzos, 55- A Almáciga) en horario de 11 a 14 e de 17 a 20 horas. O teléfono é o 981 528 701. Tamén poden obter información no Departamento de Educación e Mocidade (rúa do Vilar 13-1º), nos teléfonos 981 554 400 / 554 401. Correo electrónico: dptoeducacion@santiagodecompostela.gal

Documentos relacionados



Compartir: