ALCALDÍA

Unha exposición para buscar a integración social e laboral dos enfermos mentais

19/09/2007 A Asociación de Familiares e Amigos de Enfermos Mentais Fonte da Virxe expón na Fundación Granell a obra realizada no seu centro de rehabilitación. Coa mostra danse a coñecer os traballos realizados polos enfermos mentais e quérese chamar a atención á cidadanía sobre este colectivo e as dificultades para a súa integración social e laboral.

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a exposición, que contén obras en diferentes técnicas e formatos, coma a fotografía, o coiro, a cerámica, a encadernación ou o traballo téxtil. Unha boa oportunidade para descubrir o labor que realiza Fonte da Virxe e contemplar a arte dende o compromiso e a solidariedade.

Compartir: