BENESTAR SOCIAL

A normalidade e a superación activa da diabete, reivindicadas a través do Camiño

18/09/2007 Un grupo de 12 peregrinos da Asociación de Diabéticos de Puerto Real (Cádiz) fixeron o Camiño de Santiago dende Ponferrada (León) para reivindicar a normalidade da súa enfermidade e a súa superación a través do exercicio físico. Á súa chegada a Compostela foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín.

Esta rota, ao igual que outras que realizan, é para os membros desta asociación unha forma de manterse activos e facer fronte ao hándicap da súa enfermidade. Na recepción en Raxoi, pregoaron a normalidade da diabete e a "parte activa" que require dos afectados para superala. Aproveitaron para lembrar os avances producidos nos últimos anos en materias como o carné de conducir ou a Lei de Reprodución Asistida, pero demandaron o "moito que aínda queda por facer".

Pola súa parte, Sánchez Bugallo amosou a súa ledicia por recibir a esta asociación catro anos despois da súa primeira visita. "Son un exemplo vivo da vontade do ser humano como elemento de superación das dificultades", apuntou.

Compartir: