CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as actividades da Semana Cultural de Conxo

13/09/2007 O Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo acolle os últimos días de actividades da súa Semana Cultural. O programa concluirá o sábado 15 cun especial fin de festa.

As actividades para o venres 14 comezan ás 17:00 horas con talleres de construción de xoguetes con materiais de refugallo. A continuación, contacontos con Soledad Felloza na aula de lectura e un taller de mantemento de bicicletas., unha xincana ciclista e talleres de flores e de plantas medicinais. E para rematar o día, unha sesión de cine ao aire libre.

O último día de actividades, o sábado 15, desenvolverase o último dos roteiros guiados, neste caso polo contorno natural de Conxo, ás 12:00 horas. Xa pola tarde, a partir das 16:30, celebrarase o V Torneo de xadrez. O fin de festa comezará ás 17:00 horas cos xogos do mundo. Logo, entrega de premios dos torneos e xogos e, xa pola noite, concerto de música tradicional con Pablo Seoane. As actividades pecharanse de madrugada, coa actuación de Dj Drake.

Direcciones relacionadas



Compartir: