INFRAESTRUTURAS
As actuacións de mellora inclúen unha nova pavimentación rodada, a construción e acondicionamento das beirarrúas, a eliminación de barreiras arquitectónicas, a implantación de servizos urbanísticos e a dotación de mobiliario urbano. Estas obras teñen como obxectivo cubrir as necesidades de acceso á cidade da multitude de visitantes que se agardan para o vindeiro ano Xacobeo.
O Concello de Santiago tamén colaborará no financiamento destas actuacións cunha achega de catro millóns de euros e, ademais, encargarase de realizar os documentos técnicos que sexan necesarios.
Investimento de 10 millóns de euros para mellorar os accesos a Santiago
06/09/2007 O Consello da Xunta autorizou un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes para a realización de diversas actuacións de mellora dos contornos urbanos nos accesos a Santiago de Compostela, con motivo da celebración do Ano Santo 2010. A Administración autonómica achegará 10 millóns de euros en catro anos para estas obras.
As actuacións centraranse nos accesos viarios da cidade, como son a estrada dende a ponte do Romaño ata a rúa do Pombal, dende o Camiño Novo ata Volta do Castro, a avenida Castelao e a avenida das Fontiñas.As actuacións de mellora inclúen unha nova pavimentación rodada, a construción e acondicionamento das beirarrúas, a eliminación de barreiras arquitectónicas, a implantación de servizos urbanísticos e a dotación de mobiliario urbano. Estas obras teñen como obxectivo cubrir as necesidades de acceso á cidade da multitude de visitantes que se agardan para o vindeiro ano Xacobeo.
O Concello de Santiago tamén colaborará no financiamento destas actuacións cunha achega de catro millóns de euros e, ademais, encargarase de realizar os documentos técnicos que sexan necesarios.