EDUCACIÓN

Adxudicada a xestión da Escola Municipal de Música

03/09/2007 A Xunta de Goberno adxudicou á empresa Trobeiro a xestión da Escola Municipal de Música. O importe desta adxudicación é variable en función do número de alumnos. Así, ata 200 persoas matriculadas, será das tarifas dos usuarios máis 120.000 euros. A partir de 200 matriculados, o importe estará composto polas tarifas dos usuarios máis 360 euros por alumno e ano, cun máximo de achega municipal de 90.000 euros.

Con esta decisión tamén quedan fixadas as tarifas da Escola. Así, en música e movemento, a matrícula será de 56,70 euros e as mensualidades de 34 euros. Na práctica instrumental, o importe da matrícula é o mesmo, pero a mensualidade é de 51 euros. A empresa Trobeiro xa viña xestionando a Escola nos últimos anos.

Compartir: